Arzúa o destino verde de Galicia

Cruz Vermella Arzúa: Charla sobre a diabetes.

7 abril, 2016

cruzvermella

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE – 7 ABRIL

Con motivo do Día Mundial da Saúde,Cruz Vermella Arzúa organiza o MÉRCORES 13 de Abril ás 19:30 no multiusos de Arzúa unha charla sobre a diabetes.

A charla estará impartida pola farmaceútica  Dna. Mª José Calviño Fariñas. Trátase dunha campaña que organiza Cruz Vermella Española e a Fundación para a Diabetes, para previr a dibetes tipo 2. Os datos no noso país indican que máis do 13% da poboación española padece diabetes (case 5 millóns conviven con ela, dos que máis do 40% aínda non o sabe).

Evitar o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade, realizar unha actividade física saudable e regular, non abusar do alcol, ou incluír a “dieta mediterránea” son algunhas da mellores vías de prevención da diabetes tipo 2.

 

A charla terá lugar nunha aula  do multiusos de Arzúa.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.