¿Pensas que tódolos nenos e nenas teñen dereito a xogar e a divertirse?
¿Pensas que estrenar e desfrutar dun xoguete é imprescindible para potenciar a súa imaxinación e a educación en valores sociais xustos? Entón….
Di Sí á campaña de recollida e adquisición de xoguetes novos.
Un ano máis, Cruz Vermella Xuventude, lanza a súa campaña de recollida de xoguetes novos, non sexistas, non bélicos e cooperativos para que, na época máis importante do seu desenvolvemento, ningún neno ou nena se quede sen xoguete.
Podes colaborar de distintos xeitos:
-Entregando un xoguete novo, dende o LUNS 11 de DECEMBRO ata o XOVES 21 de DECEMBRO na oficina da Cruz Vermella de Arzúa (Rúa Padre Pardo 33 – 1º Arzúa)
-Entregando o teu donativo nas huchas que están colocadas en distintos establecementos de Arzúa.