Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: Campaña de Nadal 2013

Campaña de Nadal 2013

Nestos momentos de especial dificultade para moitas familias un dos obxectivos principais que persegue a Cruz Vermella é incrementar o apoio ás persoas que están sufrindo unha situación de extrema vulnerabilidade. Por iso este ano con máis razóns que nunca esta entidade pon en marcha dúas campañas: a Campaña de xoguetes e a Campaña de recollida de alimentos.

Coa Campaña de  xoguetes o obxectivo que se persegue é conseguir que  tódolos  nenos do noso pobo poidan disfrutar do Nadal. Para colaborar pódese  facer de maneiras diferentes:

–       Unha delas sería aportando xoguetes en bo estado. Estes xoguetes recóllense na oficina da Cruz Vermella de luns a venres de 9:30 a 13:30 da mañán, . Dita oficina atópase na rúa Padre Pardo nº 33  1ºpiso  (edificio María Mariño) xunto a radio local.

–       Outro xeito de participar nesta  campaña sería mediante unha aportación económica, que se empregará para mercar xoguetes novos. Esta aportación pódese depositar nas huchas colocadas nos diferentes establecementos da vila.

Ademáis tamén se está  levando a cabo a Campaña de recollida de alimentos para intentar que todas as familias do pobo poidan pasar unhas boas festas. Por este motivo nos diferentes supermercados estará colocada  unha caixa da Cruz Vermella ata as datas próximas ao nadal, para que a xente que queira colaborar, deposite nelas alimentos non perecedoiros que irán destinados a conseguir dito obxectivo.

Para máis información Tlf. 981 500 589 – Correo electrónico: arzua@cruzroja.es

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email