Arzúa o destino verde de Galicia

Cruz Vermella Arzúa: Campaña de alimentos

13 diciembre, 2017


Un ano máis Cruz Vermella Arzúa pon en marcha a Campaña de recollida de alimentos de nadal, co fin de conseguir reunir a maior cantidade posible de alimentos non perecedoiros para logo ser repartidos entre as familias do concello que presentan un maior índice de vulnerabilidade.

Por este motivo grazas á colaboración dos tres supermercados que temos en Arzúa, Cruz Vermella ten colocada unha caixa na que a xente pode depositar alimentos para colaborar con esta campaña. En EROSKI E COVIRÁN, xa se poden realizar aportacións dende o día 1 de decembro.

No supermercado FROIZ a caixa de CRUZ VERMELLA ESTARÁ COLOCADA OS DÍAS 16 e 17 de DECEMBRO.

Last modified: 13 diciembre, 2017

Comments are closed.