Arzúa o destino verde de Galicia

CRUZ VERMELLA ARZÚA: 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

8 marzo, 2013

Cruz Vermella Xuventude lanza unha campaña para promover a reflexión sobre os ámbitos nos que se manifiestan as desigualdades.

Hoxe celébrase o Día internacional das Mulleres e Cruz Vermella Xuventude pon en marcha a campaña que leva por título ¿Soñas cun mundo mellor? coa que se pretende lanzar unha mensaxe positiva e promover a reflexión individual sobre os diferentes ámbitos da sociedade onde se manifestas as desigualdades: laboral, doméstico, educación, parella… Algunhas das preguntas coas que se invita a reflexionar son:

• ¿Soñas con que as profesións non teñan xénero?
• ¿Soñas co reparto igualitario das tarefas e responsabilidades domésticas?
• ¿Soñas co remate da violencia de xénero?
• ¿Soñas con nenos e nenas xogando con bonecas?

Os obxectivos son sensibilizar acerca da importancia que teñen as actuacións individuais e sociais na promoción da igualdade e sinalar os diferentes ámbitos onde son máis visibles as desigualdades de xénero. A campaña ten como pilar fundamental un material impreso, que este ano é un colga portas, no que se explica con detalle a finalidade desta iniciativa

Deste xeito a institución manifesta o seu compromiso coa igualdade de xénero e os dereitos da muller e intensifica as actuacións dirixidas a promover a igualdade de oportunidade e a loita contra a discriminación. Neste sentido, son importantes as actuacións de sensibilización sobre a importancia de que toda a sociedade se implique de xeito corresponsable nesta tarefa e na posta en marcha de medidas e proxectos específicos para apoiar ás mulleres en situacións de vulnerabilidade.

Cruz Vermella leva a cabo unha intervención específica con mulleres en dificultade social, atendendo directamente a máis de 26.000 anualmente. O traballo é unha ferramenta para a inclusión social porque, entre outras cousas, é fonte de autoestima e recoñecemento, é un xeito de participación social e provee de independencia enómica. Nembargantes hai mulleres que se atopan con dificultades engadidas no mercado laboral: empregos a tempo parcial e maior índice de contratación temporal, inferior acceso ós postos de decisión…

O 79% das mulleres en dificultade social que atende Cruz Vermella están en situación de desemprego. Os seus problemas máis frecuentes consisten en ter baixa cualificación laboral , ter fillos a cargo, estar sen ingresos, dispoñer de ingresos mensuais inferiores a 500 euros, residir nunha vivenda con carácter temporal… Son algúns dos datos que se desprenden do “Informe sobre a Vulnerabilidade Social de Cruz Vermella”, un traballo de investigación que analiza a situación das persoas coas que traballa esta institución e nas que se evidencia o impacto dramático da crise económica entre as persoas máis vulnerables.

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.