Arzúa o destino verde de Galicia

Cruz Vermella Arzúa: 8 de marzo – Día Internacional das Mulleres

8 marzo, 2018

8 Marzo – Día Internacional das Mulleres

Os últimos anos están a ser protagonizados polas reivindicacións e os logros en materia de igualdade de xénero. Con todo, a construción dunha sociedade na que non exista a desigualdade, a discriminación, nin a violencia de xénero continúa sendo unha tarefa pendente. A desigualdade persiste en todo o mundo, privando a mulleres e nenas de dereitos e oportunidades fundamentais polo simple feito de ser mulleres.

Cruz Vermella, como organización humanitaria que traballa con persoas vulnerables, está en contacto directo con esta realidade. As mulleres son, en maior grao, vítimas da pobreza e a vulnerabilidade social e os riscos de discriminación, exclusión social e violencia que afrontan son o resultado dun sistema desigual.

Cruz Vermella articula unha serie de respostas destinadas a diminuír o impacto que esta desigualdade produce, a través de proxectos dirixidos por unha banda a paliar situacións de pobreza e privación material e cobertura de necesidades básicas (alimentación, apoio á vivenda, vestiario, cotas de subministracións, material e equipamento escolar). Tamén a mellorar a empleabilidade e favorecer a xeración de mercados laborais inclusivos. Doutra banda, a violencia de xénero é a manifestación máis brutal da desigualdade de xénero. Cruz Vermella conta con recursos e proxectos específicos dirixidos a mulleres vítimas desta violencia e ás súas fillas e fillos.

Outro dos eixos de actuación é mellorar a calidade de vida das persoas maiores e das que exercen os coidados familiares.

Pola outra banda, desde Cruz Vermella Xuventude trabállase en materia de perspectiva de xénero e coeducación, a través de diferentes campañas e proxectos desenvolvidos en centros educativos e outros espazos e grazas ao labor de persoas voluntarias.

No ámbito da Cooperación Internacional, a Institución desenvolve proxectos dirixidos a mulleres fundamentalmente en países de África e América do Sur co obxectivo de lograr mellorar as súas condicións de vida.

Last modified: 8 marzo, 2018

Comments are closed.