Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Cruz Vermella Arzúa: 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A violencia contra as mulleres continúa sendo unha pandemia global, así é definida pola ONU que a súa vez afirma que ata un 70 por cento das mulleres sofren este tipo de violencia ao longo da súa vida.

No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, reiteramos o noso compromiso con aquelas mulleres que sofren ou sufriron este tipo de violencia. Ademais, a través da campaña de Cruz Vermella Xuventude baixo o lema ‘Eu rompo a cadea’, lembramos a importancia de actuar fronte a tódalas manifestacións da violencia de xénero: física, psicolóxica, simbólica, económica e institucional, co fin de erradicala e non fomentar condutas machistas.

Por último, sinalar que o pasado mes de setembro, presentamos o Boletín sobre Vulnerabilidade Social dedicado ás mulleres vítimas de violencia de xénero atendidas no Servizo de Atención e Protección á Vítimas de Violencia de Xénero (ATENPRO). Pódese atopalo ao completo en www.sobrevulnerables.es

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email