Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Convocatoria de axudas para o fomento de actividades de carácter educativo, cultural e deportivo do Concello de Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a Xunta de Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras da convocatoria ordinaria de subvencións para o fomento de actividades de carácter educativo, cultural e deportivo a entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa.

Dita convocatoria saíu publicada no BOP do día 20 de agosto. As bases xunto cos impresos de solicitude poderanse consultar e obter no Rexistro Xeral do Concello. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 30 días naturais contados dende o día seguinte o da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Poden informarse no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981 500 222.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email