Arzúa o destino verde de Galicia

Convocatoria de axudas para o fomento de actividades de carácter cultural e educativo do Concello de Arzúa

16 septiembre, 2013

O día 12 de setembro saíu publicada no BOP a Convocatoria de axudas para o fomento de actividades de carácter cultural e educativo do Concello de Arzúa, dirixidas a entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa.

As bases xunto cos impresos de solicitude poderanse consultar e obter no Rexistro Xeral do Concello e na oficina do Departamento de Cultura.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 30 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Descargar BASES E IMPRESOS

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.