Arzúa o destino verde de Galicia

Convocatoria de axudas para o fomento de actividades de carácter cultural e educativo do Concello de Arzúa

16 septiembre, 2014

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a Xunta de Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras da convocatoria ordinaria de subvencións para o fomento de actividades de carácter cultural e educativo que ascenden a 12.805 euros. Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa. Dita convocatoria saíu publicada no BOP de hoxe, 16 de setembro.

As bases xunto cos impresos de solicitude poderanse consultar e obter no Rexistro Xeral do Concello e na oficina do Departamento de Cultura. Tamén se poden descargar na páxina web www.concellodearzua.com.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 30 días naturais contados dende o día seguinte o da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Poden informarse no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981 500 222.

Descargar BASES CONVOCATORIA AXUDAS Á CULTURA E EDUCACIÓN 2014

Descargar FORMULARIOS CONVOCATORIA AXUDAS Á CULTURA E EDUCACIÓN 2014

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.