Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Convocatoria de axudas para a celebración de festas parroquiais do Concello de Arzúa

O Concello de Arzúa informa que o Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro para a celebración das festas parroquiais que ascenden a 16.800 euros. O importe de cada subvención será de 800 euros por anualidade e parroquia, o que supón un incremento de 200 euros por parroquia con respecto á contía desta mesma liña de subvencións dos últimos anos. Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa.
Dita convocatoria saíu publicada no BOP número 140 do pasado venres, 26 de xullo.
As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello (sede.arzua.gal) ata o 30 de agosto de 2019.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email