Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Contos na biblioteca 2018

Contos na biblioteca 2018

A biblioteca de Arzúa acollerá varias sesións de contacontos no mes de setembro.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, en colaboración coa Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, un programa de contacontos que encherá este espazo de actividades de animación á lectura co firme propósito de achegar aos máis pequenos da casa á biblioteca e fomentar o uso do galego.
A primeira sesión que terá lugar este venres, día 7 de setembro, correrá a cargo da compañía Biosbardos Animación que poñerá en escena o espectáculo Como axudo a Antón?, un conto contra o maltrato escolar, o chamado bullying, escrito por Jorge López Penas e o seu fillo Martín, de 13 anos, xunto ao asesoramento da psicóloga Isabel Ponte Rey e Eva Rieiro que o ilustrou. A obra colectiva, narra en diferentes escenas, distintos tipos de acoso escolar a través das historias de distintos animais como personaxes principais á hora de abordar o acoso.
As outras sesións levaranse a cabo os venres 14 e 21. O venres día 14 tocaralle a quenda á compañía Trinketrinke Teatro que realizará unha actuación titulada Avós.
A última sesión corresponderalle á contadora Saleta Fernández que chegará a Arzúa cun espectáculo chamado Pan con chocolate sobre Mª Victoria Moreno, homenaxeada este ano polas Letras Galegas.
Estás actuacións serán as cinco e media da tarde, na biblioteca e con acceso libre e gratuíto.

ACTUACIÓNS:

Venres 7. Biosbardos Animación: Como axudo a Antón? Biblioteca Municipal Rosalía de Castro | 17:30
Venres 14. Trinketrinke Teatro: Avós. Biblioteca Municipal Rosalía de Castro | 17:30
Venres 21. Saleta Fernández: Pan con chocolate. Biblioteca Municipal Rosalía de Castro | 17:30

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email