Arzúa o destino verde de Galicia

AxendaBlogCulturaNoticiasOMIX

Concurso de Disfraces do Entroido 2014

22 enero, 2014

ENTROIDO 2014

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES

Co gallo do Entroido 2014 o Concello de Arzúa organiza un desfile o domingo 23 de febreiro ás 17:00h no Recinto Feiral “Terra do Queixo” de Arzúa. Para fomentar a participación convócase un ano máis o tradicional concurso de disfraces de acordo coas seguintes bases:

PRIMEIRA. Para participar é obrigatorio inscribirse previamente podendo facelo:

  • No Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981500222 ata o 21 de febreiro de 2013, en horario de 8:30 a 15:00h.
  • No Recinto Feiral “Terra do Queixo” o mesmo día do concurso de 15:30 a 16:30 horas, como mínimo media hora antes de comezar o desfile.No momento da inscrición deberase indicar o número de compoñentes e o lema para a identificación. O día do desfile, o lema deberá ir en cartel ou bandoleira situado nun lugar destacado e visible. Os participantes nas modalidades individuais recibirán un dorsal co número de participación

SEGUNDA: Haberá catro modalidades:

– Comparsa: Considéranse comparsas un conxunto de persoas formado por un mínimo de 9 compoñentes representando un mesmo motivo.

– Grupo: Considéranse grupos un conxunto de persoas de entre 2 e 8 compoñentes representando un mesmo motivo.

– Individual infantil: nesta modalidade poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 16 anos.

– Individual adulto: nesta modalidade poderán participar persoas de 17 anos en diante.

As comparasas e grupos poderán optativamente presentarse apoiados dun móbil (carro, tractor, motocultor…). A altura máxima será de 3 metros. A mesma persoa non poderá participar en máis dunha categoría

TERCEIRA: Os premios establecidos polo Departamento de Cultura son:

Comparsas

Grupos

Individual Infantil

Individual Adulto

1º: 550 €

2º: 300 €

3º: 150 €

1º: 300 €

2º: 200 €

3º: 100 €

1º: 100 €

2º:  60 €

3º:  40 €

1º: 100 €

2º:  60 €

3º:  40 €

 

CUARTA: A cualificación das distintas modalidades será determinada polo xurado do concurso que estará composto por catro representantes nomeados polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa.

 

QUINTA: Durante o desenvolvemento do desfile, o xurado valorará:

Comparsas e Grupos:

– Vestiaro e maquillaxe 0 a 4 puntos

– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos

– Orixinalidade 0 a 3 puntos

– Coreografía e múica 0 a 3 puntos

– Organización e efecto do conxunto 0 a 3 puntos

– Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos

 

Disfraces Individuais (infantís e adultos):

– Orixinalidade do vestiario 0 a 4 puntos

– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos

– Maquillaxe 0 a 2 puntos

– Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos

 

SEXTA: A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do concurso, unha vez feita a avaliación polo Xurado.

 

SÉTIMA: Os grupos e persoas participantes deberán presentarse no Recinto Feiral “Terra do Queixo” como mínimo media hora antes da saída.

Os participantes que precisen de música deberana traer en formato CD e as actuacións non durarán máis de 2 minutos.

 

OITAVA: A orde de saída no desfile será coincidindo coa orde de inscrición nas diferentes modalidades.

 

NOVENA: A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do xurado inapelable.

 

Os presentes premios serán outorgados con cargo á partida orzamentaria 331.480.02 do vixente orzamento, ata o límite de 2.000 euros.

Os premios levarán consigo a retención en concepto de IRPF, que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

En Arzúa, 16 de xaneiro de 2014.

José Luís García López

Alcalde do Concello de Arzúa

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.