Arzúa o destino verde de Galicia

Concurso de Carteis 41ª Festa do Queixo (2016)

12 noviembre, 2015

ADXUDICACION (Publicado pax. web con data 11/11/2015)

Formalizacion (Publicado pax. web con data 11/11/2015)
bases_premios_trazOK

1º- O orixinal deberá estar acoutado a unha medida entre 30×40 e 70x100cm. Cada autor/a poderá participar cun máximo de 3 traballos, con material e técnica libres, manual, mecánica ou dixital, sempre que estes sexan orixinais.

2º- A obra debe presentarse impresa sen sinatura de autor/a, que limitará a súa identificación a un lema ou título da peza. Debe acompañarse dun sobre pechado cunha copia da obra en formato dixital -CD/USB-, unha breve explicación, e os seguintes datos: nome, apelidos, D.N.I., idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico. Recoméndase presentar o traballo sobre soporte ríxido de cartón pluma ou similar.

3º- O xurado valorará especialmente: a creatividade do arte final, o impacto visual e a relación coa filosofía do evento. Igualmente, terá en conta a potencialidade para crear futuras aplicacións gráficas (nas que se engadirá o programa do Festival do Queixo e outros ítems). Deberá figurar o texto “41ª FESTA DO QUEIXO. Arzúa, 4,5,6 marzo de 2016”. Os queixos que formen parte da imaxe -no seu caso- deberán respectar a morfoloxía lenticular do queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa. No caso de empregar algunha imaxe ou marca que non sexa propiedade do autor/a, deberase xustificar a compra dos dereitos (excluiranse de concurso as obras con imaxes procedentes de internet protexidas por dereitos de autor).

4º- PRAZO: os orixinais deberán recibirse antes do xoves 10 de decembro de 2015 na Oficina da Concellaría de Cultura do Concello de Arzúa -Rúa Pai Pardo 33, 1º. 15810 Arzúa- (edif. sociocultural María Mariño, a carón de Radio Arzúa e Biblioteca Municipal)

5º- A elección dos premiados realizarase na Capela da Madanela de Arzúa, o luns 14 de decembro de 2015 ás 14 h., mediante valoración dun xurado cualificado designado polo Concello, agás a do 4º premio, que será elixido por votación popular o domingo 13 de decembro, entre as 12h e as 14h. O sobre co gañador deste 4º premio permanecerá pechado ata o luns 14, para entrar tamén na votación final do xurado.

6º- Todas as pezas estarán expostas na Capela de Madanela, do 14 ao 18 de decembro e o 4,5 e 6 de xaneiro de 2016, así como nas datas da festa, en horario de 19h a 21h. (as datas e horarios poden sufrir lixeiras modificacións, que se notificarán e actualizarán nestas bases e noutros soportes, web, redes sociais, etc). A obra elixida como 1º premio será o cartel anunciador da 41ª edición. A entrega de premios terá lugar no acto inaugural da Festa do Queixo o sábado 5 de marzo de 2016 (Recinto feiral, 13h).

7º- Os 4 orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa, que poderá reproducilos, modificalos e aplicalos a distintos formatos e soportes sen autorización do/a autor/a. Os orixinais non premiados poderán recollerse na Concellaría de Cultura ata 60 días despois do evento. Cada gañador só pode levar un  único premio, no caso de pertencer ao mesmo autor/a varias pezas premiadas, o premio pasa ao seguinte cartel con maior nº de puntos.

8º- A Organización resérvase o dereito a deixar baleiros os premios, así como a rexeitar para concurso calquera peza que considere, ou que non se axuste ás presentes bases. As súas decisións serán inapelables.

 

Descargar as BASES EN PDF

 

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.