Arzúa o destino verde de Galicia

Concurso de Carteis 43ª Festa do Queixo

19 octubre, 2017

ABRE O PRAZO DO CONCURSO DE CARTEIS FESTA DO QUEIXO 2018. 1.000 euros en premios e moreas de agasallos!

O Concello de Arzúa convoca o Concurso de Carteis da 43ª Festa do Queixo, Arzúa 2018. O certame outorgará 4 PREMIOS EN METÁLICO, cunha dotación económica de 600€, 300€ e 100€ para o 1º, 2º e 3º, respectivamente. Tamén, un 4º premio elixido por votación popular, que levará un agasallo especial.

Ademais dos premios en metálico, haberá diferentes lotes de agasallos para os gañadores. Aos de fins semana, xantares en aloxamentos de turismo rural, e queixos D.O.P. Arzúa-Ulloa, súmanse queixeiras e pratos de Sargadelos, camisetas, mandís, memorias USB, libretas, paraugas, mochilas, gorras, fundas para tablet, smartphone, etc. Todos os carteis finalistas -que reciban algún punto do xurado- levarán tamén un queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa.

A DATA LÍMITE para presentación de orixinais é o 4 DE DECEMBRO 2017. O luns 11 de decembro coñeceremos ao gañador/a e premiados/as.
Agardamos recibir en Arzúa un feixe de propostas en diferentes técnicas e alimentadas da maior creatividade

Bases do concurso: http://www.festadoqueixo.org/bases-concurso-carteis-2018/

Last modified: 20 octubre, 2017

Comments are closed.