Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Concerto solidario da Rondalla Moraima

Acta Pleno ordinario de data 29 de abril de 2015
Cartel Concerto Solidario 2015

O Concello de Arzúa informa que a Rondalla Moraima en colaboración con Cruz Vermella Arzúa organiza un concerto solidario o sábado día 27 de xuño. Esta actuación celebrarase na aula 3 do multiusos Terra do Queixo as 20:00 e para asistir cada adulto terá que MERCAR NA ENTRADA AO CONCERTO un boleto do sorteo do ouro de Cruz Vermella.

O prezo de dito boleto é de 5 euros, os nenos/as poderán asistir ao concerto de balde.

A Rondalla deste xeito pretende colaborar coa asemblea de Cruz Vermella de Arzúa para que dita entidade poida seguir desenvolvendo os programas que leva a cabo nesta vila.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email