Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

COMPLEMENTO PARA TITULARES DE PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS QUE RESIDEN NUNHA VIVENDA ALUGADA

Establécese un complemento de pensión dirixido a persoas beneficiarias de pensións NON contributivas de xubilación e invalidez que carezan de vivenda en propiedade e residan de forma habitual nunha vivenda alugada como titular do contrato, sempre que o propietario daquela non teña relación de parentesco co/coa pensionista ata o terceiro grao.

 Requisitos:

 – Ter recoñecida unha PNC de xubilación ou invalidez na data da solicitude e na de resolución.

– Carecer de vivenda en propiedade.

– Ser titular do contrato de arrendamento da vivenda na data da solicitude.

– Non ter coa persoa arrendadora da vivenda alugada relación conxugal ou de parentesco.

– Ter fixada a súa residencia habitual na vivenda alugada.

 Contía:

 A contía do complemento é de 525 euros anuais, que se fará efectivo nun pagamento único.

 Prazo de presentación:

 Ata o 31 de decembro de 2013.

 Información:

 Nos servizos sociais do concello, previa cita.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email