Arzúa o destino verde de Galicia

Cómo chegar

A principal vía de comunicación e acceso ó municipio de Arzúa é a estrada N-547, de Lugo a Santiago, que segue o trazado do histórico Camiño de Santiago. A villa sitúase a 39 km de Santiago e a 63 km de Lugo.

Desta estrada nacional parten outras vías secundarias como a LC-234 que une Arzúa e Boimorto; a CP-0604 que relaciona Arzúa e Ponte Carreira e que desemboca na N-544 de Curtis a Santiago; e, finalmente, a CP-0601 que serve de enlace entre a vila de Arzúa, as parroquias de Dombodán e Brandeso, o encoro de Portodemouros e o concello pontevedrés de Vila de Cruces (11 km).

Os municipios veciños de Arzúa son: cara o Norte, Frades e Boimorto; ó Sur, Vila de Cruces (da provincia de Pontevedra); ó Este, Melide e Santiso e; ó Oeste, Touro e O Pino.



Ver mapa más grande

Comments are closed.