Arzúa o destino verde de Galicia

CICLO DE MONÓLOGOS “NOITES DE CONTOS”

6 noviembre, 2012

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza o segundo ciclo de monólogos Noites de Contos. Este programa de lecer ten como obxectivo fundamental concienciar sobre o uso do galego nos contextos de ocio e axudar á valorización e á protección do noso idioma.

O Concello de Arzúa organiza este ciclo de monólogos despois do éxito na primeira edición celebrada o ano pasado na que participaron actores e actrices galegos de primeira liña como Quico Cadaval, Paula Carballeira ou Pedro Brandariz.

Para este ano, o primeiro dos monólogos vai ter lugar este venres día 9 de novembro da man de Antón Coucheiro, que baixo o título Veño do futuro, presentará ao público asistente un novedoso formato máis achegado ao clown e ao circo.

O seguinte monólogo será o venres 16 de novembro, a actriz Isabel Risco amosaranos o espectáculo Nabiza Girl e unha viaxe espacial. Isabel ven máis que avalada pola súa longa traxectoria profesional participando en programas e series como Land Rober, Tourilandia, Luar, Padre Casares ou O Show dos Tonechos.

E por último, o venres 23 de novembro, tocarálle o turno ao arzuán Xan Veiga, que nos fará rir co seu monólogo Como cho conto!. Dende a súa elección para participar nun programa de máxima audiencia como é o Luar, non se baixou do escenario realizando todo tipo de traballos en televisión, radio, teatros, festas, e pubs de toda Galicia.

A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira, convida a participar no que considera “unha alternativa máis de lecer para o outono, que xunto co teatro e outras actividades, dinamizan culturalmente o noso municipio”.

Todos os espectáculos levaranse a cabo ás nove da noite na Capela da Madanela e están dirixidos a un público adulto. A entrada é libre e lembren que xa este venres, 9 de novembro, poderemos desfrutar de Antón Coucheiro.

CICLO DE MONÓLOGOS “NOITES DE CONTOS”

Venres 9. ANTÓN COUCHEIRO Cou con “Veño do futuro”

Venres 16. ISABEL RISCO con «Nabiza Girl e unha viaxe espacial»

Venres 23. XAN VEIGA con “Como cho conto!”

As actuacións serán ás 21:00 horas na Capela da Madanela. Entrada libre e de balde

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.