Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Ciclo de cinema “Libros de película”

Ciclo de cinema “Libros de película”

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para os venres de abril o ciclo de cine Libros de película con motivo do Día Internacional do Libro que se celebra o día 23 deste mes.

As proxeccións terán lugar os venres 5, 12 e 26 de abril ás sete e media da tarde no telecentro de Arzúa e nelas poderemos desfrutar de películas inspiradas en obras literarias.

El niño con el pijama de rayas foi o filme escollido para abrir o ciclo o pasado venres, 5 de abril. O seguinte terá lugar este venres día 12 de abril: El Código da Vinci e xa o 26 de abril pechará o cilclo a película Charlie y la fábrica de chocolate . Todas as proxección serán ás 19:30h.

Ao final de cada proxección haberá reparto de agasallos entre todos os asistentes.

O alcalde do Concello de Arzúa, José Luís García, convida a todos os veciños e veciñas  a participar neste ciclo de cinema que “é a nosa particular maneira de rendir homenaxe ao Día do Libro mediante a animación á lectura a través das imaxes audiovisuais”  e salienta “a consolidación deste tipo de actividades na programación anual do Departamento de Cultura” en referencia ao grande éxito de participación acadado  nas proxeccións cinematográficas que se levaron a cabo nas pasadas datas de Nadal e Entroido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email