Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Ciclo de cine en abril: Libros de película

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que mañá, venres día 20, no telecentro ás 19:30h proxectarase «Alatriste» (aprazada o pasado venres por problemas técnicos da sala). Animádevos a vir, ao final da película sortearemos o DVD orixinal do filme.

O vindeiro venres 27 a película correspondente, «Los girasoles ciegos», á mesma hora e no mesmo lugar.

Ciclo de cine en abril: Libros de película
Ciclo de cine en abril: Libros de película

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para os venres de abril o ciclo de cine Libros de película para conmemorar o Día Internacional do Libro que se celebra o día 23 deste mes.

As proxeccións serán os venres 13, 20 e 27 de abril ás sete e media da tarde no telecentro de Arzúa e nelas poderemos desfrutar de películas inspiradas en obras literarias.

O primeiro filme que se poderá ver será este venres día 13. Alatriste é a película escollida para abrir o ciclo, a segunda proxección será a de Los crímenes de Oxford o venres 20 e a terceira e última Los girasoles ciegos o 27 de abril.

Ao final de cada película sortearase o DVD orixinal das mesmas entre todos os asistentes.

A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira Rey, anima a todos e a todas a participar neste ciclo de cine xa que “anima á lectura” e destaca tamén “a consolidación deste tipo de actividades na programación cultural anual” referíndose ao grande éxito de participación na proxección cinematográfica levada a cabo no entroido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email