Arzúa o destino verde de Galicia

Charla sobre as Axudas para o Acceso a Internet de Banda Larga Vía Satélite

10 septiembre, 2013

Cartaz-Charla-Axudas-Internet-Satelite-Setembro'13

Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para que os cidadáns ou as pequenas/medianas empresas poidan solicitar unha axuda para o acceso a internet de banda larga vía satélite, a través dun programa executado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) en colaboración coa AMTEGA.

Por tal motivo, o próximo mércores 11 de setembro imos a transmitir por videoconferencia unha charla dunha hora de duración na que se explicará, dunha forma sinxela, a forma de presentarse a estas axudas e de poder ter acceso a internet naquelas zonas con mais dificultades de cobertura que non poidan usar outras tecnoloxías.

Os beneficiarios das axudas poderán ser fogares e empresas ubicadas en Galicia cunha única subvención destinada a sufragar os costos de instalación, así como o costo do equipamento do interior da vivenda ou empresa necesario para distribuir o sinal de banda larga, cunha cuantía máxima de 150 euros, e condicionando a contratación dun servizo de alo menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses.

De todo esto daráse cumprida información na charla que terá lugar por videoconferencia o día 11 de setembro a partir das 4 da tarde.

Máis información: Folleto Axudas Internet

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.