Arzúa o destino verde de Galicia

Charla informativa sobre cláusulas chan en Arzúa

25 Enero, 2017

A Unión de Consumidores de Galicia organiza unha xornada informativa sobre cláusulas chan en Arzúa

Este mércores, store 25 de xaneiro, técnicos da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) levarán a cabo unha xornada informativa en Arzúa baixo o título Que podo facer ante unha cláusula chan?, unha actividade cuxo obxectivo é axudar á cidadanía a despexar as súas dúbidas sobre as cláusulas chan e o impacto que a recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea terá sobre a devolución dos importes cobrados indebidamente.
A xornada informativa levarase a cabo, ás 20:00 horas, no edificio Multiusos Terra do Queixo, e contará coa presenza da concelleira de Benestar e Igualdade, Aurora Varela Duro. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
Trala sentenza ditada polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), o número de consultas que UCGAL atende sobre cláusulas chan aumentou e, practicamente cada día, atenden chamadas de persoas consumidoras que buscan información e asesoramento. Esta xornada informativa, organizada en colaboración coa OMIC do Concello de Arzúa, forma parte dunha serie de actividades que UCGAL está a desenvolver por toda Galicia para achegar á cidadanía información actualizada e veraz sobre as cláusulas chan.
Para máis información:
prensa@consumidores.gal / info@consumidores.gal
981 56 64 11 / 981 58 66 96

Last modified: 25 Enero, 2017

Comments are closed.