Arzúa o destino verde de Galicia

Charla “Contratación de seguros” na aula CeMIT de Arzúa

30 abril, 2019

A aula CeMIT do Concello de Arzúa en colaboración ca Escola Galega de Consumo e a
OMIC do Concello de Arzúa emitirá o vindeiro luns, día 6 de maio, ás 12:00 a charla “Contratación de seguros: Conceptos básicos, tipoloxía e reclamacións”, enfocada a coñecer os conceptos básicos aplicables á contratación dos seguros antes de adquirilos así coma as coberturas e condicións que abrangue. Tamén se profundará en como facer unha reclamación no caso de que se vexan vulnerados os nosos dereitos . Haberá quenda de preguntas ao rematar a charla .
Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT
de Arzúa (Telecentro) , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 20:30 e venres de 10:30 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal

Last modified: 30 abril, 2019

Comments are closed.