Arzúa o destino verde de Galicia

Cartel gañador 40ª Festa do Queixo: ‘APRENDIZAXE: AFÉRRATE A NÓS’

16 diciembre, 2014

cartelqueixo2015orixinal

 

Onte tivo lugar en Arzúa a votación do CONCURSO DE CARTEIS ANUNCIADORES da 40ª Festa do Queixo de Arzúa 2015. Recibíronse un total de 62 propostas desde as catro provincias galegas, do resto do Estado, en diferentes técnicas dixitais ou manuais, incluíndo collages.

O xurado concedeu un total de 8 puntos e o 1º PREMIO á peza nº 40 titulada Aprendizaxe:

aférrate a nós” de Ana Puga Moire, (Vila de Cruces), estudante de dereito de 25 anos. Esta obra será o cartel anunciador do 40 aniversario da Festa do Queixo. Na votación valorouseespecialmente: no plano conceptual, a relación entre tradición e modernidade, a transmisión de coñecemento e a unión entre xeracións, especialmente neste 40ª aniversario; no plano artístico, o estilo e fortaleza do trazo, da ilustración e do texto, o contraste, equilibrio e impacto visual, así como a potencialidade para as futuras aplicacións gráficas (nas que se engadirá a

programación da festa)

1º PREMIO

600 € + fin semana turismo rural 2 persoas + lote de

40 produtos “Festa do Queixo” + queixo D.O.P. Arzúa-

Ulloa

Segundo expresa a autora: ‘Botando a vista atrás véñenme á

cachola recordos de cando meu avó me dicía mentres facía o

queixo: “meniña, non esquezas que o bo sempre estará presente

nos nosos corazóns e nas nosas mentes”, e eu sempre lle

contestaba: “avó a min o queixo non me gusta”. Pois si, agora

doume conta que meu avó tiña toda a razón, porque non hai

nada máis bonito e especial que ver e aprender dos teus

antepasados e si, agora si me gusta o queixo…’

O acto tivo lugar ás 13h na Capela da Madanela de Arzúa, mediante valoración dun

xurado cualificado designado pola Organización, agás a do 4º premio, que foi elixido

por votación popular onte domingo 14, entre un total de 38 papeletas.

 

RELACIÓN DE PREMIADOS

1º PREMIO

600 € + fin semana turismo rural 2 persoas + lote

produtos “Festa do Queixo” + queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa

CARTEL Nº: 40

Título Obra: ‘Aprendizaxe: aférrate a nós’

PUNTUACIÓN RECIBIDA: 8 puntos

Autora: Ana Puga Moire (Vila de Cruces)

25 anos / Estudante dereito

2º PREMIO

300 € + xantar 2 persoas + lote produtos “Festa do Queixo” +

queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa

CARTEL Nº: 36

PUNTUACIÓN RECIBIDA: 5 puntos

Título Obra: ‘Soukha

Autora: Tamara Rey Martínez / Arzúa / 25 anos / arquitecto técnico

3º PREMIO

100 € + lote produtos “Festa do Queixo” + queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa

CARTEL Nº: 9

PUNTUACIÓN RECIBIDA: 4 puntos

Título Obra: ‘Arredor’

Autor: Aitor Martin Castro / Arzúa / deseñador gráfico

4º PREMIO -votación popular-.

agasallo especial + lote produtos “Festa do Queixo” + queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa

CARTEL Nº: 11

PUNTUACIÓN RECIBIDA: 7 votos de 38 papeletas

Título Obra: ‘O sabor dos sentidos’

Autora: Raimundo Adolfo García Temes / Santiago / 42 anos / arquitecto e mestre

 Xurado designado pola Asociación para a Promoción da Festa do Queixo estivo

formado por:

? – Jose Luís García, alcalde de Arzúa e pte. de honra da Asoc. para a Promoción da Festa do

Queixo

? – Óscar Pérez Ramil, secretario-xerente C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa

? – Jose Ramón Bernárdez, resp. do concurso Queixo Maquetón – Radio Arzúa

?-  Ramón Roldán, coordinador e resp. de comunicación da Festa do Queixo

Secretario: Marcos Pampín, técnico de Cultura Concello de Arzúa

EXPOSICIÓN DOS CARTEIS

Todas as pezas estarán expostas na Capela de Madanela, do 15 ao 19 de decembro e do 2 ao 6 de xaneiro de 2015, así como nas datas da festa, en horario de 19h a 21h. (as datas e horarios de apertura poden sufrir lixeiras modificacións, que se notificarán e actualizarán nestas bases e outros soportes). A entrega de premios terá lugar no acto inaugural da Festa do Queixo o sábado 28 de marzo de 2015 (Recinto feiral, 13h).

e todos os carteis os finalistas (con algún punto do xurado) levan un queixo!

Last modified: 6 enero, 2019

Comments are closed.