Arzúa o destino verde de Galicia

Campañas de Nadal de Cruz Vermella de Arzúa

18 diciembre, 2012

Nestos momentos de especial dificultade para moitas familias un dos obxectivos principais que persegue a Cruz Vermella é incrementar o apoio ás persoas que están sufrindo unha situación de extrema vulnerabilidade. Por iso este ano con máis razóns que nunca esta entidade pon en marcha dúas campañas: a Campaña de xoguetes e a Campaña de recollida de alimentos.

Coa Campaña de  xoguetes o obxectivo que se persegue é conseguir que  tódolos  nenos do noso pobo poidan disfrutar do Nadal. Para colaborar pódese  facer de maneiras diferentes:

–       Unha delas sería aportando xoguetes en bo estado. Estes xoguetes recóllense na oficina da Cruz Vermella de luns a venres de 9:30 a 13:30 da mañán. Dita oficina atópase na rúa Padre Pardo nº 33  1ºpiso  (edificio María Mariño) xunto a radio local.

–       Outro xeito de participar nesta  campaña sería mediante unha aportación económica, que se empregará para mercar xoguetes novos. Esta aportación pódese depositar nas huchas colocadas nos diferentes establecementos da vila.

Ademáis tamén se está  levando a cabo a Campaña de recollida de alimentos para intentar que todas as familias do pobo poidan pasar unhas boas festas. Por este motivo nos diferentes supermercados hai unha caixa da Cruz Vermella, para que a xente que queira colaborar, deposite nelas alimentos non perecedoiros que irán destinados a conseguir dito obxectivo.

Este ano ademais contamos coa colaboración da Gardería municipal, entidade que se sumou a campaña de alimentos, polo que nas súas instalacións  tamén se conta cun punto de recollida.

 

Para máis información Tlf. 981 500 589.

Last modified: 23 diciembre, 2018

Comments are closed.