Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

CAMPAÑA DE VERÁN PARA MAIORES DE 18 ANOS

A campaña de verán para mozos e mozas de 18 a 30 anos de idade que a Consellería de Traballo e Benestar pon en marcha para o ano 2014, inclúe oportunidades de participar en programas e actividades de lecer e tempo libre como son:

* Programa Conecta con Galicia, coas seguintes actividades:
– Cultura e camiño
– O mar de Galicia.
* Programa Travesía Náutica Xacobea. Travesía por mar na Goleta Nieves.

O prezo das actividades inclúe a estancia, a manutención e, de ser o caso, clases teóricas ou prácticas durante o período de duración do programa.

Os que posuan o título de familiar numerosa ou carné xove teñen un desconto do 25% sobre o prezo establecido.

A reserva pódese facer por teléfono a partir do 27 de marzo de 2014 nos Servizos de Xuventude e Voluntariado de:

Xefatura Territorial de Lugo: 982 294 251 982 294 923
Xefatura Territorial de Ourense: 988 386 120 988 386 116

Para máis información na Oficina Municipal de Información do Concello ou na páxina:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email