Arzúa o destino verde de Galicia

CAMPAÑA DE VERÁN 2019

23 abril, 2019

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa INFORMA que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca o Programa CAMPAÑA DE VERÁN 2019.

O obxectivo é facilitarlle á xuventude a participación en actividades de tempo libre.

As diferentes actividades que integran esta oferta xeral levaranse a cabo tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas de España, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

Poden participar neste programa os mozos e mozas

– residentes en Galicia.

– con idades comprendidas entre os 9 e os 18 anos de idade.

– non padecer enfermidades transmisibles con risco de contaxio nin trastorno de conduta.

– as persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% que no seu certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.

O prazo de solicitude remata o 6 de maio de 2019.

Máis información:

* DOGA n.º 76 do 22 de abril de 2019.

* www.xuventude.xunta.es

* Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa.

Last modified: 23 abril, 2019

Comments are closed.