Arzúa o destino verde de Galicia

CAMPAÑA DE VERÁN 2015

24 marzo, 2015

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa INFORMA que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca o Programa CAMPAÑA DE VERÁN 2015.

O obxectivo é facilitarlle á xuventude a participación en actividades de tempo libre.

As diferentes actividades que integran esta oferta xeral levaranse a cabo tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas de España, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

Poden participar neste programa os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 9 e os 18 anos de idade.

O prazo de solicitude remata o 8 de abril de 2015.

Para máis información, na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa.

Last modified: 6 enero, 2019

Comments are closed.