Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Campamento de Nadal 2018-2019

O Concello de Arzúa oferta gratuitamente un Campamento de Nadal para axudar á conciliación das familias do municipio

O goberno municipal de Arzúa complementará, un ano máis, a programación cultural prevista para estas datas de Nadal cunha iniciativa do Departamento de Benestar Social, que dirixe Aurora Varela, e que se concreta na organización dun campamento de Nadal para colaborar coas familias do municipio na conciliación da súa vida familiar e laboral.
Trátase dunha alternativa lúdica e de ocio dirixida aos nenos e nenas do municipio con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. Terá lugar os días 26,27 e 28 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario das 9.30 ás 14 horas no Recinto Feiral Terra do Queixo.
Ao longo deses seis días as familias do municipio disporán dun lugar seguro no que os seus fillos e fillas xogarán e entreteranse baixo o atento coidado de monitores especializados.
As familias interesadas en que os seus fillos e fillas participen no campamento de Nadal deben facer unha inscrición previa no segundo andar da Casa Consistorial. Poderán inscribirse os días 18 e 19 de decembro, en horario das 10 ás 13 horas. O número de prazas é de 30 e iranse cubrindo por rigurosa orde de inscrición.
O programa previsto centrarase no ocio e divertimento dos nenos e nenas cunha morea de actividades que se distribuirán nun obradoiro diferente cada día: taller medioambiental, obradoiro musical, Día da Ciencia e Tecnoloxía, unha xornada deportiva, obradoiro de baile e un talle de circo.
A concelleira de Benestar Social, Aurora Varela, sinalou o importante esforzo que o goberno municipal de Arzúa fai co obxectivo de reforzar o apoio ás familias do municipio ofrecendo unha variada programación de actividades infantís gratuítas; lembrou ademais que a programación do seu departamento compleméntase coa que xa estaba prevista polo Departamento de Cultura que inclúe, entre outros, espectáculos de maxia, teatro, animación musical e este ano como novidade principal a instalación dunha Casiña de Nadal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email