Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Calendario 2014 do Concello de Arzúa

Cartel reparto CALENDARIOS 2014

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas o calendario para o ano 2014 de forma gratuíta.

Coincidindo coa Feira de Capóns de Nadal, este domingo 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes a partires das once da mañá e nos vindeiros días terá lugar unha nova quenda por diversos locais de Arzúa e polas parroquias.

Os veciños que residan na propia vila de Arzúa poderán conseguir un exemplar do calendario nos lugares que colaboran cada mes colocando os carteis da programación cultural: Casa do Concello, Oficina de Cultura, Biblioteca, Casa da Cultura, Centro Médico, Piscina Climatizada, Bar Pedrito, Pizzería O Rueiro, Bar Praza, Bar Nebraska, Parrillada Europa, Bar “Filloas”, Bar Ameixa, O de Mario, Mesón do Peregrino, Bar Karper, Bodegón O Lar, A Queixeira de Arzúa, Confitería La Esquina e Café Teatro.

Os veciños das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, na Igrexa parroquial.

Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada. Cada folla permitiranos ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, pasar un rato entretido lendo e desfrutando de citas de diversos autores coñecidos falando da nosa lingua.

O alcalde do Concello de Arzúa, José Luís García López, afirmaba esta mañá que o calendario é “un agasallo moi útil e moi solicitado polos nosos veciños polo que este ano tampouco  podería faltar”; ademais destacaba “o apoio incondicional e o fomento da nosa lingua a través destas inciativas, integrándoa dun xeito ameno no noso día a día”.

O alcalde quere aproveitar a ocasión para desexarlle a todos os veciños e veciñas de Arzúa unha Felices Festas e un vindeiro ano máis próspero, no seu nome e no de toda a corporación municipal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email