Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cabalgata de Reis 2017

Cabalgata de Reis 2017

A visita máis agardada chegará mañá pola tarde a Arzúa; segundo informa o departamento de Cultura do Concello de Arzúa a esperada Cabalgata de Reis celebrarase este xoves, día 5 de xaneiro, ás cinco e media da tarde.

Neste 2017 o desfile contará con tres novas carrozas decoradas con adornos propios do Nadal e totalmente iluminadas con microbombillas LED para os Reis e os seus paxes reais. Como xa vén sendo tradicional abrirán o desfile os paxes a cabalo grazas á colaboración da Asociación de Amigos do Cabalo “O Estribo” que conducirán o percorrido ata rematar no Recinto Feiral “Terra do Queixo” coa recepción e o reparto de agasallos. As Súas Maxestades traerán moreas de caramelos e lambetadas sen glute e feixes de libros para seguir fomentando en Arzúa a lectura e o uso da nosa lingua. Como novidade, este ano os Reis de Oriente lucirán novos traxes e a cabalgata contará coa animación do espectáculo itinerante “Pinocho e compañía” que interactuarán co público en todo momento.

O percorrido marcado polo Departamento de Cultura para a Cabalgata sairá dende a Casa da Cultura e pasará polas seguintes rúas: Rúa de Santiago, Praza de Galiza, Avenida de Lugo, Fraga do Rei, Ramón Franco, Xosé Neira Vilas, Praza de San Xoan e dará media volta para pasar de novo polas rúas Xosé Neira Vilas e Ramón Franco para dirixirse ao Recinto Feiral “Terra do Queixo” pola Padre Pardo. Unha vez finalizado o itinerario, e coas Súas Maxestades no multiusos, haberá inchables e obradoiros para amenizar a tarde. Unha vez finalizada a recepción no interior do recinto feiral, os Magos de Oriente visitarán aos maiores da Residencia San José.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email