Arzúa o destino verde de Galicia

Aula Municipal de Educación de Adultos. Curso 2014/2015

15 septiembre, 2014

escudo por defecto

A AULA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE ARZÚA OFRECE ENSINANZAS PARA PERSOAS ADULTAS NO VINDEIRO CURSO 2014/15
A Aula de Educación de Adultos do Concello de Arzúa oferta para o vindeiro curso 2014/15 as seguintes ensinanzas específicas para persoas adultas.
  • Programas do desenvolvemento da atención, da memoria e EBI (Ensinanzas Básicas Iniciais).
  • Preparación das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) para maiores de 16 anos, nas súas dúas modalidades: Por módulos, tendo cada curso unha duración de 4 meses ou, presentándose á proba que anualmente convoca a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Como NOVIDADE IMPORTANTE, anuncia que este curso académico impartiranse os NOVOS CURSOS:
  • Preparación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.
  • Preparación das probas de acceso aos cilcos formativos de grao superior.
  • Preparación das competencias clave.
As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a súa matrícula (aberta durante todo o curso) poden pasar pola Aula de Educación de Adultos, sita no 1º andar do Recinto Feiral «Terra do Queixo» en horario das 17:00 ás 22:30 horas.-

Last modified: 28 diciembre, 2018

Comments are closed.