Arzúa o destino verde de Galicia

ARZÚA VIVA 2018

18 julio, 2018

ARZÚA VIVA 2018
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o domingo día 29 de xullo unha nova edición de Arzúa Viva, en concreto será o décimo primeiro ano consecutivo que se leve a cabo esta festa que pretende ser unha alternativa de ocio diferente durante o verán especialmente dirixida aos máis novos.
Este ano mantense a aposta de organizar actividades durante todo o día e en distintos espazos.
Por unha parte, pola mañá desenvolverase unha proposta de aventura no embalse de Portodemouros de 10:00 a 13:00 horas. Durante ese tempo haberá moto de auga con arrastres para o desfrute de calquera persona cunha idade mínima de 8 anos. A entrada é libre e gratuíta e sen inscrición previa, bastará con achegarse ás inmediacións do encoro.
Pola tarde, de catro e media a sete e media do citado día, a Praza de Galiza e a rúa Cima do Lugar contarán con varias actividades gratuítas e de acceso libre como inchables, portería de precisión, zoorball, ilusións ópticas da man do Mago Romarís e ludoteca infantil con contos, zona de debuxo e xogos de mesa. Ao remate da tarde, a festa pecharase ás sete e media co espectáculo “O amigo Monte” de Os Bolechas, actuación enmarcada no programa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
As actividades da tarde serán transladadas, en caso de mal tempo, ao Multiusos Terra do Queixo.
Paralelamente, durante toda a xornada, de dez da mañá a nove do serán, o Multiusos Terra do Queixo acollerá un Torneo E-Sports dentro da Liga Gaming Presencial (LGP) na que haberá simuladores, pantallas de plasma e todo o necesario para un gran evento de xogo e deporte electrónico. Disputaranse competicións de GT Sport a partir de 14 anos e de FIFA 18 desde os 10 anos. Haberá premios en tarxetas PSN e acceso a outros torneos para os mellores clasificados. Para participar será necesario inscricibirse de xeito totalmente gratuíto ata o 26 de xullo no Departamento de Cultura ou chamando ao teléfono 981 500 222.

Last modified: 18 julio, 2018

Comments are closed.