Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa súmase á conmemoración do Día das diversidades sexuais.

Arzúa súmase á conmemoración do Día das diversidades sexuais.

Desde o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, con motivo da conmemoración do «Día das diversidades sexuais» o 28 de xuño, e en colaboración coa Sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña estase a organizar unha campaña de sensibilización baixo o lema «Construíndo diversidade», co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como normalizar a comunidade LGTBQI. Participan nesta campaña 31 concellos da provincia da Coruña.

As actividades terán lugar o vindeiro mércores, 28 de xuño. Durante a mañá faranse actividades de sensibilización cos participantes no programa de conciliación “Xogarzúa” con actividades lúdicas e xogos para promover a igualdade e o respecto.

Este mesmo día, ás dez da noite, terá lugar unha sesión de cinema ao aire libre na que se proxectará a película “Moonlight” galardonada con tres premios Oscar incluíndo o de mellor película e que fala da difícil vida de Chiron e as dificultades que ten para relacionarse coas persoas da súa contorna e como afronta o seu desenvolvemento afectivo e a súa homosexualidade.

A xornada completarase coa colocación de bandeiras en apoio ao colectivo LGTBQI na Praza de Galiza durante todo o día e co reparto de material divulgativo durante as actividades.

Desde o Concello convidan a todos os veciños e veciñas a participar nas distintas actividades así como a dar difusión a esta campaña empregando o hastag #construindodiversidade nas redes sociais.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email