Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa rende homenaxe a Avelino Pousa Antelo, no cuarto aniversario da súa morte

avelino

Os Concellos de Arzúa e Teo serán escenarios dos actos preparados pola Irmandade Avelino Pousa Antelo para a conmemoración do cuarto aniversario do seu falecemento o vindeiro sábado, día 20 de agosto.

Despois da realización de diversos actos no municipio teense, Arzúa acollerá  a partir das seis e media da tarde unha homenaxe en memoria e recoñecemento de quen ten sido un ilustre galeguista, loitador incansable e destacada figura do cooperativismo agrario; Avelino Pousa Antelo foi ademais un dos grandes pregoeiros cos que cada ano conta a nosa afamada Festa do Queixo. Os actos de recoñecemento da súa figura terán lugar na Capela da Madanela; onde  intervirán o Alcalde de Arzúa, José Luís García López, Marcos Borraxeiros e Mini e Mero cunha interpretación musical.

Deseguido, terá lugar unha ofrenda floral ao monumento do Alcalde Juan Vidal e, para rematar a xornada, ás sete e media da tarde farase unha recepción no local social de Santa María onde intervirán Xosé Ramón Fandiño Veiga, unha representante da familia Pousa e representantes locais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email