Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa recibe 18.000 euros que destinará á compra de maquinaria para o acondicionamento do medio rural

As xestións do alcalde de Arzúa, José Luis García, van permitir que o Concello de Arzúa poida afrontar a compra de maquinaria que se destinará á conservación, reposición e mantemento dos camiños e vías rurais co propósito de seguir apostando pola protección do medio ambiente e dos espazos naturais.

O alcalde acaba de recibir a confirmación dunha axuda de 18.000 euros solicitada ao abeiro dunha convocatoria de subvencións promovida pola Dirección Xeral de Administración Local. O bo entendemento entre as dúas administracións e sobre todo o empeño do rexedor en que os veciños e veciñas de Arzúa poidan dispor dos maiores e mellores servizos permitirá agora a merca dunha nova trituradora, unha desbrozadora, un cortasetos, unha podadora, un cortacéspede, unha motosierra e todo canto material sexa preciso para a comodidade, hixiene e seguridade dos operarios no traballo.

José Luis García, o alcalde, decantouse na súa solicitude por esta maquinaria porque ou ben se carece dela ou a que hai na actualidade está moi deteriorada. Explica o propio rexedor que a adquisición desta maquinaria vai permitir que o concello de Arzúa siga apostando polo rural e preocupándose polos veciños que viven nas 22 parroquias do municipio xa que esta nova xeración de maquinaria conta coa potencia suficiente para realizar calquera tipo de traballo dada a súa combinación perfecta de rendimento, facilidade e mantemento; ao mesmo tempo que se vai favorecer a protección do medio ambiente ao garantir un funcionamento limpo e silencioso.

O alcalde quixo agradecer á Dirección Xeral de Administración Local a concesión desta axuda e a boa disposición que sempre se amosa cara o noso concello ao tempo que amosou a súa satisfacción porque dende a Xunta de Galicia “se entendeu o necesario que era para Arzúa a adquisición desta maquinaria xa que o noso é un concello eminentemente rural onde a conservación e mantemento dos camiños e vías é un traballo diario”.

As vantaxes desta maquinaria, sinala José Luis García, son  moitas xa que se vai conseguir un máximo respeto cara o medio ambiente, un grande aforro, unha máxima comodidade e un alto rendimento; engade ademais que “esta nova adquisición, que se fará efectiva nos vindeiros días, permitiranos evitar a degradación e a deterioración ambiental ao tempo que nos axudará a previr posibles incendios forestais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email