Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa promove un plan para o fomento do emprego no municipio

O Instituto da Xuventude convoca axudas económicas para favorecer o traballo de mozos creadores, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2015 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e ilustración, con proxección suprautonómica, nacional ou internacional a través das seguintes liñas de actuación:
a) Producción de obra. Admitiranse proxectos a realizar con lliberdade de formación e técnica nos ámbitos creativos anteriormente sinalados.
b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores. Admitiranse, proxectos de participación, xiras, ou residencias, que non teñan por obxecto cursar estudos regulados ou a obtención de titulación académica, en espazos especializados e acordes coa actividade para a que se solicita a axuda, situados fóra da Comunidade Autónoma de residencia, en ábmito nacional ou internacional, sendo imprescindible achegar carta de convite á participación ou aceptación, segundo o caso, asinada pola persoa responsable do evento ou espazo para o que se solicita a axuda.
c) Emprendimiento en espazos emerxentes de creación nova. Admitiranse proxectos de actividades puntuais e acoutados no tempo, que non signifiquen unha programación anual completa, con proxección suprautonómica, nacional ou internacional, a desenvolver en espazos xa existentes e que iniciasen a súa actividade. Non se admitirán proxectos de inicio de actividade económica ou empresarial.
d) Sala «Amadís» do Instituto da Xuventude. Admitiranse proxectos de comisariado de exposición, talleres de traballo, ou outras actividades de creación emerxente a densenvolver en agrupación ou colectivo na sala.
REQUISITOS:
Mozas e mozos de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos a) e b), ou os 35 nos supostos c) e d) o día 31 de decembro de 2014.
CONTÍA:
A contía individualizada das axudas non poderá superar o importe de 6.000 euros nos supostos a) e b) e de 10.000 euros nos supostos c) e d), e deberá representar como mínimo o 75% do custo total do proxecto.
O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES ESTARÁ ABERTO ATA O 28 DE XULLO DE 2014.
MÁIS INFORMACIÓN:
* BOE do 8 de xullo de 2014 ou
http://www.injuve.es/creacionjoven/noticia/convocatoria-de-ayudas-injuve-para-la-creacion-joven-2014
O goberno Municipal de Arzúa que preside o alcalde, José Luis García, vén de aprobar as bases nas que se establecen un conxunto de medidas para a posta en marcha dunha novidosa iniciativa de cara ao fomento do emprego no municipio; trátase dunhas axudas para o Fomento e Estímulo do Emprego que pretenden paliar, na medida do posible, o desemprego existente no municipio incentivando a contratación de veciños e veciñas de Arzúa por parte de pequenas e medianas empresas locais mediante unha aportación económica que lles permita asumir parte do pago da Seguridade Social.

A iniciativa, pioneira na comarca, fundaméntase na gran demanda que existe de postos de traballo derivada da situación de crise económica na que nos atopamos na actualidade que provocou unha reducción da capacidade do mercado para absorver man de obra desempregada.

Con esta actuación o Concello plantexa unha especie de alianza cos sectores productivos máis emprendedores capaces de xerar empregos de maior calidade para contribuir á creación dun mercado de traballo máis igualitario e socialmente cohesionado.

A actuación está financiada polo Concello de Arzúa por un importe de 15.000 euros e poderanse acoller ás axudas as pequenas e medianas empresas que teñan o domicilio social no municipio ou realicen algunha actividade no seu ámbito territorial e contraten traballadores en situación legal de desemprego empadronados no concello.

As axudas, de índole económica, variarán en función do período de duración do contrato e do tipo de xornada a realizar. Así, para unha xornada completa de 3 a 5 meses a axuda será de ata o 40% no custe da Seguridade Social; para contratos de 6 a 9 meses será de ata o 60% e para unha duración de 9 a 12 meses o concello financiará o 75% deste gasto.

Se son contratos a xornada parcial, a porcentaxe varía: de 3 a 5 meses será do 25%, de 6 a 9 meses de ata o 40 % e de 9 a 12 meses de ata o 60%.

Para a concesión das axudas outorgarase preferencia ás empresas que realicen contratos de maior duración ou que contraten a un maior número de traballadores; tamén se terá en conta a contratación de persoas en situación de risco ou exclusión social así como a parados de longa duración, menores de 30 anos, maiores de 45, mulleres e persoas con cargas familiares e minusválidos.

As empresas interesadas disporán dun prazo de 20 días naturais dende a inserción do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña para a presentación de instancias no Concello de Arzúa.

As empresas que precisen de máis información poden acudir ao Departamento de Emprego do Concello, donde se lles aclarará calquera dúbida que poida xurdir.

O alcalde José Luis García sintetizou o espíritu desta iniciativa ao sinalar que “queremos aportar o noso gran de area para paliar a lacra do desemprego e colaborar coas empresas nun momento de serias dificultades”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email