Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa informa aos veciños cómo interpretar o contido da factura eléctrica e consellos para aforrar no seu consumo

O Concello de Arzúa informa que a Xunta de Galicia vén de poñer en marcha a segunda fase da campaña “Dálle luz á túa factura”, unha iniciativa de divulgación,
formación e sensibilización que pretende chegar á cidadanía o contido do recibo eléctrico e consellos para aforrar no consumo de electricidade.

Os veciños e veciñas de Arzúa que queiran entender mellor a factura da luz poderán asistir a unha charla que terá lugar o día 1 de decembro ás 18.30 horas no Local Social de Santa María.

Os obxectivos principais que persigue este proxecto son:

•Facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán, linguaxe non exenta, sen embargo, de rigorosidade.

•Dar a coñecer os dereitos que nos asisten como consumidores eléctricos.

Para isto elaboráronse distintas ferramentas de comunicación entre as que destaca unha aplicación informática que permite:

* Coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade: Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC), termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc.

* Diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico.

* Calcular de xeito personalizado personalizado o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda.

* Calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada en función do equipamento da vivenda e do uso do mesmo.

* Extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental.

* Obter consellos de aforro e eficiencia enerxética en iluminación, electrodomésticos, etc.

* Coñecer os dereitos dos consumidores e ónde se poden formular as reclamacións e trámites relacionados coa factura da luz.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email