Arzúa o destino verde de Galicia

ARZÚA DESTINA 46.000 AO FOMENTO DAS ACTIVIDADE​S DEPORTIVAS​, EDUCATIVAS E CULTURAIS

21 agosto, 2012

O Concello de Arzúa continúa sendo un referente na promoción de actividades de carácter deportivo, educativo e cultural; así se desprende da convocatoria de axudas de carácter municipal que o goberno municipal do BNG destinará á promoción deste tipo de actividades que para esta anualidade alcanza os 45.805 euros.

As bases que regulan a convocatoria ordinaria destas subvencións a entidades sen ánimo de lucro e que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa saiu publicada no Boletín Oficial da Provincia do día 20 de agosto de 2012.

As entidades interesadas en solicitar algunha desta axudas poden consultar e obter as bases xunto cos impresos de solicitude no Rexistro Xeral do Concello. O prazo para a presentación das instancias é de 30 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.

O Alcalde de Arzúa, José Luis García López, sinalaba esta mañá a importancia de “seguir fomentando este tipo de actividades que contribúen á dinamización do noso concello” e salientou “o grande esforzo económico do goberno municipal que, nun época de grave crise económica, é capaz de xestionar de maneira eficaz os recursos propios e permitir así que as asociacións deportivas, culturais e educativas sen ánimo de lucro do noso concello sigan contando con estas importantes axudas para a realización de actividades, nas que participan centos de veciños e veciñas de Arzúa”.

As persoas que precisen máis información poden achegarse ata o Departamento de Cultura ou ben chamar por teléfono ao 981500222.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.