Arzúa o destino verde de Galicia

Arzúa convoca unha xornada de arte na rúa ao pé do Camiño de Santiago

3 septiembre, 2018

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, dentro da programación de verán e en colaboración con Sumarte, a actividade Arte na rúa. Trátase dunha xornada na que pintores e escultores realizarán obras ao aire libre e en directo na contorna da Capela da Madanela e na rúa Cima do lugar, coincidindo co paso do Camiño Francés pola vila.
As creacións artísticas inspiradas no Camiño de Santiago por Arzúa faranse de 10:00 a 14:00 da mañá e despois terá lugar un xantar de confraternidade. Ás sete da tarde inaugurarase a mostra das obras realizadas na Capela da Madanela coa colaboración de ALBERTERIBERO e con petiscos de queixo DOP Arzúa-Ulloa. A galería estará aberta do 17 ao 21 de setembro na Capela da Madanela en horario de sete a oito e media e con visitas guiadas gratuítas todos os días as sete e media.
Os interesados e interesadas en participar deberán inscribirse no correo electrónico cristina.carballedo@gmail.com antes do luns 10 de setembro ás 14:00 horas. As obras poderanse traer abocetadas e deberase traer todo o material necesario. En pintura a medida máxima será de 50×50 cm. As prazas son limitadas.

Last modified: 3 septiembre, 2018

Comments are closed.