Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa consegue homologar como sendeiro o Roteiro da Fervenza das Hortas

FERVENZA DAS HORTAS 1

A Federación Galega de Montañismo vén de comunicar ao Concello de Arzúa que o Roteiro da Fervenza das Hortas (PR-G 169) xa conta coa correspondente homologación ao cumprir con toda a normativa existente a nivel de sendeiros.

A boa nova foi acollida con moita satisfacción polo goberno local que preside o alcalde José Luís García, despois de moitos meses de traballo na procura dunha ruta de sendeirismo que ensinara ao mundo a beleza do noso municipio.

Denominado Roteiro da Fervenza conta cun percorrido de 21 Kms que se extenden ao longo da zona rural do concello. O roteiro percorre os recunchos máis fermosos do municipio en plena natureza deixando estampas dunha beleza incomparable; comeza no lugar da Fonte Santa e dende aí e sempre á beira do Río Carracedo achegase á coñecida como Costa da Torrente, de 160 metros de lonxitude e un 30% de desnivel; ao final desta pronunciada pendente divísase un inmenso val que abrangue todo o núcleo urbano de Arzúa e núcleos rurais como Lema e Pastoriza; chega a Maroxo atravesando frondosas carballeiras á marxe mesma do río e achégase ata os Muíños de Roque, atravesa a ponte que hai no lugar e vai ata Brandeso, sempre por camiños tradicionais; así chega ata Viñós onde comeza a vislumbrarse o encoro de Portodemouros, a ruta vai ao carón do embalse ao longo duns 500 metros, pasa pola área de descanso e chega ata o Museo do Mel, dende alí sube ao lugar das Hortas e finaliza na fervenza, lugar no que o goberno local fixo un importante traballo de conservación e mantemento que hoxe deixa á vista un lugar de beleza sen igual.

O alcalde, José Luís García, explicaba esta mañá que “Arzúa precisaba contar cunha ruta destas características por moitas razóns, entre outras porque no noso municipio hai unha gran aficción á práctica do sendeirismo e por outro lado contamos cunha paisaxe e uns sendeiros dunha beleza incomparable que agora amosaremos a quen así o queira a través dun roteiro que cumpre con toda a normativa vixente”; isto significa, explica o rexedor, “ que o Roteiro da Fervenza conta coa sinalización correcta e precisa e transcorre ao longo de todo o seu percorrido por camiños tradicionais sen pisar nunca nin vías asfaltadas nin camiños da concentración parcelaria”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email