Arzúa o destino verde de Galicia

Arzúa conmemora as Letras Galegas coa promoción da campaña “Non trabes a túa lingua”

12 mayo, 2016

 

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa vén de iniciar unha campaña que nos convida a todos e todas á defensa e promoción da lingua galega, un dos nosos maiores patrimonios.

Baixo un significativo lema, “Non trabes a túa lingua”, o concello de Arzúa busca a implicación e concienciación de toda a cidadanía na importancia de defender e usar o noso idioma. A campaña iniciouse hai uns días na radio municipal coa difusión de diversas cuñas publicitarias con citas de varios escritores galegos que manifestaron públicamente nalgún momento o sentimento de orgullo pola noso idioma propio.

Manuel María, Xosé Neira Vilas ou Castelao son parte dos protagonistas desta iniciativa que a partir de hoxe, ademais de na emisora local, tamén estará visible nas instalacións municipais, centros educativos e nos establecementos comerciais e hostaleiros que cada mes colaboran colocando a cartelería da programación cultural.

Esta campaña tamén terá visibilidade a través da páxina web municipal e das redes sociais empregando o hastag #nontrabesatualingua.

 

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.