Arzúa o destino verde de Galicia

Arzúa celebrará o 3º Día do Comercio Local cunha morea de actividades

23 octubre, 2015

ADXUDICACION (publicado pax. web  con data 11/11/2015)

FORMALIZACION (publicado pax. web con data 11/11/2015)
diadocomercio1

O Concello de Arzúa organiza o terceiro Día do Comercio Local o martes, 8 de decembro. A cita dará así continuidade ao proxecto posto en marcha hai dous anos coa idea de promocionar o comercio, a hostalaría e os servizos do municipio.
Aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal, organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa.
Para poder deseñar unha proposta atractiva para o público en xeral, o Concello anima á colaboración, por un lado, do comercio para que ese día ofrezan descontos, vales de merca, agasallos ou outras promocións; tamén poderán plantexar demostracións ou pequenos coloquios sobre os seus produtos.
Así mesmo, solicita aos locais hostaleiros a que se involucren nunha ruta de tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona, así como, ao mesmo tempo, os nosos restaurantes, bares e cafeterías.
Como nas anteriores edicións, dende o Concello de Arzúa difundirase o evento, programaranse actividades complementarias e elaboraranse programas de man con toda a información das actividadades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo.

  • Os empresarios e empresarias interesados en participar deberanse anotar no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao teléfono 981 500 222 entre o 3 e o 13 de novembro. A inscrición é gratuíta.

Dende o propio consistorio, o alcalde, José Luis García, anima á participación de todos os veciños e veciñas xa que se trata “dun evento que programamos coa finalidade de dar un pequeno impulso ao noso comercio local, que é o que máis padece as consecuencias da crise e precisa de iniciativas que o axuden a promocionarse e tirar para diante”; adiantou ademais que nesta terceira edición “procuraremos incluir algunha novidade para que a xornada resulte máis dinámica e atractiva para todas cantas persoas desexen asistir”.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.