Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa celebra por terceiro ano o Día das Diversidades Sexuais

Desde o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organízanse varios actos para conmemorar o Día das diversidades sexuais este venres, día 28 de xuño, co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como normalizar a comunidade LGTBQI.
As actividades, que se dividirán en dúas xornada, darán comezo o propio venres 28. Ás dez da noite, terá lugar unha sesión de cinema ao aire libre na que se proxectará a película La chica danesa, que fala da identidade de xénero contando como o pintor Einar Wegener descobre que se sente muller e, co apoio e axuda da súa esposa, se convirte nun dos primeiros casos na historia en someterse a unha cirurxía de cambio de sexo.
Por outra banda, o xoves 4 de xullo, os nenos e nenas participantes no programa de conciliación Xogarzúa asistirán a unha sesión de contacontos na biblioteca a partir das 12 do mediodía. Baixo o título Planeta LGTB, o contador Caxoto faranos unha divertida viaxe interestelar para crear un espazo de reflexión sobre a riqueza da diversidade e sobre o colectivo LGTB.
Durante as actividades farase un reparto de material divulgativo.
Desde o Concello convidan a todos os veciños e veciñas a participar nestas iniciativas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email