Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

ARZÚA CELEBRA O TORNEO DA ESCOLA DE TENIS

TORNEO DE TENIS

Durante os días 14, 15 e 16 do presente mes de abril disputóuse no Pavillón Polideportivo do Viso, en Arzúa, o Torneo Escola de Tenis para rapaces. O torneo estivo organizado polo Concello de Arzúa e pola empresa de servizos deportivos Payet S. C.

Para poder participar nel, os rapaces tiñan que estar inscritos nas clases da escola de tenis durante o presente curso 2013 – 2014. Os participantes dividíronse en 3 categorías.

O luns día 14, na categoría sub-14, resultou gañador Juan Moscoso que venceu na final a Martina Vigo.

O martes día 15, na categoría sub-10 conseguiu a victoria Andrea Vigo, superando na final a Raúl Roca.

Por último, o mércores día 16, o gañador da categoría sub-8 foi Marcos Asorey, conseguindo  o subcampeonato Lucas Senín.

O obxectivo era que os rapaces con idades e niveis parecidos, xogasen o maior número de partidos posibles. Así, en todas as categorías, xogouse primeiro unha liga entre eles e, a continuación, en función da clasificación obtida, un cadro eliminatorio.

Todos os participantes levaron un agasallo pola súa participación, ademáis do trofeo correspondente o campión mailo subcampión das respectivas categorías.

Por último, sinalar que cada día, ao remate da xornada, sorteáronse 3 raquetas de tenis entre todos os participantes.

Aproveitando as vacacións escolares o torneo disputouse en xornada de mañá e tarde, e contou coa asistencia de numeroso público.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email