Arzúa o destino verde de Galicia

Arzúa celebra este sábado o seu primeiro festival de danza baixo o título «Arzúa Baila»

9 mayo, 2019

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, dentro da programación cultural desta primavera, un festival de danza para este sábado baixo o título Arzúa Baila en colaboración co colectivo +QDanza.
O acto vaise celebrar no Multiusos Terra do Queixo este sábado, 11 de maio, a partir das 20:00h. Nel participan máis de 90 bailaríns desde os catro aos cincuenta anos das escolas de danza de Lalín, Silleda, Rodeiro e Arzúa.
A Aula Municipal de Danza Moderna de Arzúa conta con trinta e tres usuarios de entre cinco e doce anos, superando a participación de cursos anteriores, o que demostra o interese e o éxito desta actividade no noso municipio.
Neste primeiro festival farase unha mostra de dez coreografías. Os estilos que representarán están dentro da danza moderna e urbana, aínda que cada escola poñerá o seu toque persoal e diferenciador.
Este evento conleva un esforzo enorme para as profesoras e para os bailaríns preparando a búsqueda de cada canción, coreografía, vestiario, maquillaxe… Por iso, dende a asociación Máisquedanza e o Concello de Arzúa, convidan a todos e a todas a compartir esta festa do baile.

Last modified: 9 mayo, 2019

Comments are closed.