Arzúa o destino verde de Galicia

Arzúa acollerá os días 29 e 30 de abril o primeiro curso de Soporte Vital en Trauma Prehospitalario

24 abril, 2015

ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL NO CONCELLO DE ARZÚA
CARTEL CURSO TRAUMA

Está organizado pola Asociación de Bombeiros de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Arzúa

A Asociación de Bombeiros de Galicia presentará hoxe aos medios de comunicación o primeiro curso de Soporte Vital en Trauma Prehospitalario que se celebrará en Arzúa os días 29 e 30 de abril;  a presentación do proxecto terá lugar ás 12 horas no Telecentro de Comunicación e contará coa presenza do alcalde de Arzúa, José Luis García.

As especificacións e características das actividades que se dará a coñecer na mañá de hoxe son as seguintes:

Soporte Vital en Trauma Prehospitalario: celebrarase os días 29 e 30 de abril e ten como finalidade entrenar aos primeiros intervintes (Técnicos en emerxencias sanitarias, Médicos, DUES, bombeiros, forzas do orde público, protección civil…) nas técnicas máis novidosas de atención ao trauma grave, extricación (extracción dun accidentado dun vehículo minimizando o risco de lesión), corte de vehículo, manexo da vía aérea, actuación ante situacións de risco vital.  

Para impartir esta formación teñen tres dos mellores docentes que se poden atopar en España:

  1. Miguel Castro Neira Dña.Marian Grocin Hernandez
  2. Mikel Ucar Remiro

Como medios técnicos dispoñen de:

2 ambulancias, 2 equipos de corte vehicular, bonecos/ simuladores de soporte vital avanzado e básico, material de movilización e inmovilización.

O curso está pre-homologado pola AGASP (academia galega de seguridade publica) e a Comisión de Formación Continuada das profesións sanitarias.

Xornada de Evacuación e Rescate: o día 29 de abril, con horario de 12:00 a 18:00 horas, celebrarase unha xornada de portas abertas para que todos os profesionais ou voluntarios dos servizos de emerxencia poidan coñecer os novos materiais de rescate. Nesta xornada presentarase a novidosa tabla de rescate Jota e poderase asistir aos simulacros dos servizos de rescate en altura (GERA Galicia), búsqueda e rescate canina (ACR de protección civil A Estrada), coñecer as últimas novidades en desfibriladores, asistir a talleres de apoio psicolóxico ao paciente…

Xunto co alcalde de Arzúa estarán presentes hoxe, venres 24 de abril, no Telecentro o Presidente da ASC Bombeiro de Galicia, Miguel Ángel Pazos Veiga e o responsable da área de formación sanitaria da ASC Bombeiros de Galicia, Óscar Agra Rosende.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.