Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa acolle unha xornada de Escape Room dentro do programa Caminos de Ciencia

O Concello de Arzúa, a través do Departamento de Cultura, informa que o vindeiro sábado, 7 de setembro, o Multiusos Terra do Queixo acollerá unha xornada de Escape Room de 17:00 a 20:00h dentro do programa Caminos de Ciencia.
Caminos de Ciencia é un proxecto de divulgación científica organizado pola empresa Ceo Aberto e que conta co patrocinio e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
O proxecto consiste na celebración dunha actividade de Escape Room que se desenvolverá en diferentes municipios do Camiño de Santiago, entre eles Arzúa.
As Escape Rooms foron concibidas inicialmente como un xogo para público xuvenil e adulto no que un grupo reducido de persoas é encerrado nun espazo e dispoñen dun tempo limitado para saír del. Para iso, deben resolver quebracabezas, superar retos e enfrontarse a enigmas.
Realizaranse un máximo de cinco pases cun aforo de 25 participantes en cada un deles entre as cinco e as oito da tarde. Cada quenda dura corenta e cinco minutos. A inscrición é gratuíta e hai que ter un mínimo de 10 anos para poder participar.
As inscricións formalízanse na páxina web www.caminosdeciencia.site. Poden solicitar máis información contactando co Departamento de Cultura no teléfono 981 500 222 ou no enderezo electrónico cultura@arzua.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email