Arzúa o destino verde de Galicia

Arzúa acolle nos vindeiros días dúas presentacións de obras literarias.

10 marzo, 2016

[blog cats=»107″ per_page=»10″ image_width=»100″ image_height=»100″ divider=»line» pagination=»true» meta=»true» wrap=»true» /] Cartel presentación OBRAS LITERARIAS 11 e 14 marzo

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para mañá venres día 11 e para o luns 14 de marzo a presentación de dúas obras literarias.
Na xornada de mañá venres presentarase o libro Que non te aten do escritor Manuel Iglesias Turnes publicada por edicións Xerais de Galicia. O acto terá lugar na Capela da Madanela de Arzúa ás nove e media da noite e nel participarán o propio autor, o concelleiro de Dinamización Sociocultural do Concello, Miguel Ángel Vallo, o director de Xerais, Manuel Bragado e Che Turnes en representación da Asociación Terra e Leite. Manuel Iglesias Turnes volve á realidade da súa Barcala natal cunha novela que segue o ronsel da obra que lle serviu de entrada no mundo literario en galego, «As rapazas de Xan», a súa primeira novela que fora tamén presentada en Arzúa. Nesta, camiñaba cara a memoria dunha aldea barcalesa dos anos cincuenta e agora sitúanos na actual vida do mundo rural galego a través dun fillo da terra cunha novela traballada, realista, humana sen fatalismo.
O luns día 14 a Capela da Madanela tamén acollerá a presentación do poemario As margens do tempo de Antom Laia a cargo de Xurxo Souto ás oito da tarde nun acto aberto a todos os públicos.

 

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.